Comisións Obreiras esixe colaboración da Deputación trala vaga de lumes

Pontevedra> E se dende a Deputación botaron man dunha nova lei, dende comisión obreiras lembraron o contido da lei de racionalidade e sustentabilidade de réxime local. Unha lei, que segundo este sindicato, indica que a Administración Provincial debe formar parte das axudas aos damnificados pola vaga de lumes. A lexislación sae a relucir nesta vaga de lumes, e dende Comisións Obreiras botaron man esta mañá da lei de racionalidade e sustentabilidade de réxime local, unha lei que indica claramente, segundo o sindicato que a Administración provincial debe colaborar nas axudas aos damnificados pola vaga de lumes. Por iso dende Comisión solicitan que se convoque un pleno extraordinario para que a través de transferencias de crédito do orzamento deste ano, ou do vindeiro 2018, se axude, a fondo perdidos, os que máis sufriron esta vaga de lumes. Dende Comisión Obreiras tamén solicitan que se multipliquen por seis o número de brigadistas que traballan na nosa provincia, chegando aos 6000 efectivos durante todo o ano que velarían polo coidado dos nosos montes. Ademais da prevención dende Comisións tamén piden que a materia vexetal se convirta en enerxía e que as comunidades de Montes teñan en orden e bo estado os seus terreos, de non facelo, ou ben estas comunidades lles pagarían a pesoal da Deputación ou senon deberían abonar unha multa. Aumento de efectivos e prevención nos montes, dende comisións obreiras cren que estas dúas medidas serían moi importantes para paliar os lumes na nosa provincia.