Lores visita a “rehabilitación integral” do barrio de O Cabo

Pontevedra> O alcalde de Pontevedra visitou esta mañá as obras de rehabilitación integral do barrio pesqueiro do Cabo, en Lourizán. Lores amosouse moi satisfeito con este resultado final, e destacou a alta calidade urbana e o alumeado co que actualmente conta este barrio da cidade.

O alcalde de Pontevedra e o concelleiro de Obras visitaron esta maña os traballos de rehabilitación integral do barrio de O Cabo, un barrio pesqueiro da parroquia de Lourizán onde se ven de facer unha reforma integral.

Lores amosouse máis que satisfeito co resultado final, do que dixo deixa patente unha gran calidade urbana e alumeado.

Do que non quixo falar o alcalde foi do investimento xa que dixo que a inversión realizada foi a necesaria para que este barrio quedase ben.

Unhas obras que volveu a visitar nesta tarde, pero nesta ocasión xa cos veciños quenes lle fixeron chegar o seu punto de vista, e en moitos casos, agradecemento, polo traballo realizado neste barrio pontevedrés.