O gastroespazo do Mercado de Pontevedra volve a abrir as súas portas

PONTEVEDRA> Coa fase 2 volveu a poñerse en marcha o espazo gastronómico do Mercado de Abastos de Pontevedra. En total, 4 locais decidiron volver a abrir as súas portas, pero regresan cunhas estritas normas de prevención contra o Covid-19.

O gastroespazo do Mercado de Abastos de Pontevedra volve a abrir as súas portas. O fai, iso si, con estritas medidas de seguridade. Por unha banda, estableceuse un único ascenso pola entrada principal e deberán empregarse as escaleiras do lado dereito para subir e as do lado esquerdo para baixar. Ademais, colocáronse dispensadores de hidroxel na entrada e nos aseos. O aforo quedou reducido ao 40% e entre as mesas hai 2 metros de distancia. Medidas coas que se pretende garantir tanto a seguridade dos traballadores como a dos consumidores.

Tras dous meses pechados, no Mercado soamente volveron a abrir 4 locais aínda que dende o Concello aseguran que outros teñen a vontade de facelo esta mesma fin de semana.

Os hostaleiros do Mercado animan á cidadanía a achegarse ata este espazo gastronómico para volver a desfrutar dos sabores e dos produtos locais. O horario de atención ao público será de 11:00 a 16:30 horas o martes, mércores e xoves, e ata as 00:00 horas o venres e sábado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí