Compras, música e xogos ata á media noite en ‘Vilaaberta’

VILAABERTA copia.jpg VILAGARCÍA> É a nova campaña promocional de Zona Aberta. Terá lugar o vindeiro 20 de abril coincidindo coa estrea na cidade do filme ‘Vilamor’.

{flowplayer}images/salnes/CAMPANA_VILABERTA.flv{/flowplayer}

O venres 20 de abril preto de cen establecementos pertencentes á Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía permanecerán abertos desde as oito do serán ata a media noite. A cidade converterase o día 20 nunha ‘Vilaaberta’. É o nome da campaña que vén de presentar o colectivo e que se realizará co gallo da estrea na cidade do filme ‘Vilamor’. A velada comezará ás oito da tarde na praza da Independencia cun photocall ó que asistirán algúns actores da película.

A intención desta campaña é promover o comercio pero tamén a vertente cultural e turística da cidade. Por iso non se vai a limitar a ampliar o horario dos comercios para que xente merque. Haberá actividades complementarias de lecer que se dividirán en dúas zonas. A dedicada ós máis pequenos será ‘Vilaaberta Infantil’. A programación dirixida a mozos e adultos incluirá espectáculos musicais, como o ofrecido por un DJ na praza da Independencia.

Concello de Vilagarcía, NovaGalicia Banco e AHITUVI colaboran nesta iniciativa con Zona Aberta e animan ós vilagarciáns e a tódolos veciños da Arousa a formar parte de ‘Vilaaberta’.

Redacción Salnés