O Centro de Día de Desamparados abre as súas portas

    fotocentrodiacopia.jpgVILAGARCÍA> Os primeiros usuarios gozan xa, dende esta mañá, dos servizos das catro profesionais que traballan nestas instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/AbreCentroDia160412.flv{/flowplayer}

    O primeiro centro de día público de Vilagarcía abriu xa as súas portas. Fíxoo no baixo deste edificio de Desamparados, despois dos retrasos derivados polos problemas de urbanización do vial. Polo de agora son só catro usuarios os que gozan destas instalacións. Número que se irá ampliando progresivamente ata cubrir en total dez prazas. O obxectivo desta incorporación paulatina é que os seus usuarios se vaian afacendo o mellor posible tanto ás instalacións coma ós seus coidadores.

    Neste momento o persoal do centro fórmano dúas xerocultoras, unha terapeuta ocupacional e unha traballadora social. Elas son as encargadas de ofrecer a asistencia integral que reciben os usuarios do centro. Estes usuarios teñen circunstancias e necesidades diferentes, pero o obxectivo é común; fomentar a autonomía e a permanencia no seu entorno habitual.

    Ademais da atención ós usuarios no centro, a empresa concesionaria do servizo, Cogami, conta tamén trasporte adaptado para o traslado das persoas con problemas de mobilidade. E mesmo un servizo a maiores, de apoio ás familias.

    Con este Centro de Día Vilagarcía cubre unha demanda moi importante dende hai anos.Nestas instalacións a Consellería de Traballo fixo un investimento de preto de medio millón de euros. No que respecta á financiación e mantemento a Xunta aportará uns 220.000 euros ó ano e o Concello algo máis de 58.000.

    Redacción Salnés