Os provedores de Ravella deben aceptar o plan de pagos antes do día 22

    jose manuel pardal100.jpgVILAGARCÍA> O Concello desenvolve esta semana unha campaña informativa entre os seus acredores para que todos poidan cobrar as cantidades adebedadas.

    {flowplayer}images/salnes/tramites_provedores_160412.flv{/flowplayer}

    No plan de pagos remitido ó Ministerio de Facenda, Ravella ten pendentes de abonar 2.462 facturas correspondentes a 262 provedores, co que a débeda municipal ascende a máis de catro millóns de euros. Para poder cobrar, os provedores deben dar a súa conformidade ó plan de pagos antes do domingo día 22, se non non poderán recibir o seu diñeiro. 

    Poderán facelo a través da páxina web da Axencia Tributaria, por medio dun certificado dixital. E tamén se poden dirixirse ó Concello de Vilagarcía. Alí teñen preparado un formulario no que deben cubrir datos da empresa, como o nome e o CIF, un número de conta corrente, o tipo de empresa, se é unha peme ou autónomo, ou si se acordou unha quita ou reducción da débeda, amais de especificar a cantidade da factura.

    O Concello espera que este proceso culmine nas vindeira semanas e que en maio os provedores xa poidan cobrar. Pagadas estas facturas, o edil de Facenda, JOsé Manuel Pardal, considera que a situación económica do Concello está encarrilada, sobre todo ó teren xa aplicado un plan de saneamento, previo o plan de axuste remitido a Facenda.

    Pardal tamén adiantou que este plan de pagos a provedores tamén permitiu ó Concello sentar as bases para poñer en marcha unha central de compras municipal. O edil non adiantou unha data para o arranque da central de compras, xa que depende de moitos trámites burocráticos.

    Redacción Salnés