O convenio da conserva non incluirá o pago en especie nin unha maior xornada laboral

    VILAGARCIA> O novo convenio colectivo do sector da conserva non implicará o incremento da xornada laboral, nin flexibilidade horaria,  nin tampouco pagos en especie. Estes son algúns dos termos do preacordo asinado polos sindicatos UXT e CIG. 

     Despois de máis dun ano de negociacións, os sindicatos UXT e CIG asinaron un preacordo, que non implicará o incremento da xornada laboral, nin a flexibilidade horaria, nin tampouco o pago en especie. 

    Esta sinatura recolle tamén o incremento dos salarios, dende un 1,3% neste ano, ata o 1,5% dentro de 4 anos. Isto tradúcese en que, en función da antigüidade a subida salarial podería ser de ata un 10%. 

    Segundo o sindicato CIG. este preacordo “non é o ideal pero é aceptable e equitativo para todo o sector”, aínda que a central nacionalista continúa a demandar un convenio colectivo de ámbito galego, xa que o 80% das traballadoras son galegas. A sinatura definitiva do convenio terá lugar o 19 de setembro en Madrid.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/13/convenio_conserva_cig_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/13/convenio_conserva_cig.mp4{/flowplayer}