Louzán achégase ás empresas da comarca do Salnés

    deputacin100_220108_001.jpgO SALNÉS > O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán visitou hoxe varias empresas da comarca do Salnés no seu afán de …

    … coñecer de preto as necesidades e avances da cooperativa Horsal en Cambados, que non atravesa o seu mellor momento, a fábrica de envases Mivisa e a adega Castro celta, ambas situadas en Ribadumia. Tanto deputación como empresarios achegaron posturas e alcanzaron compromisos de colaboración.

     A axenda do presidente da deputación Rafael Louzán foi hoxe un chisco apertada, dado as múltiples visitas que tiña comprometidas. A primeira parada foi na cooperativa cambadesa Horsal, que atravesa por difíciles momentos económicos e de producción Xunto coa nova directiva Louzán inspeccionou as obras de ampliación que se están levando a cabo na fábrica e anunciou outras actuacións como a construcción dun muro para delimitar o terreo Segundo

    O Presidente da Deputación a situación é alármente e tentarán chegar a unha solución entre todos. A segunda das visitas foi na fábrica de envases Mivisa en Ribadumia. Alí o presidente da deputación puido comprobar insitu o gran avance que experimentou nos últimos anos unha empresa que leva 10 anos asentada na comarca do Salnés, a maior productora da tapa termo sellada

    A mañá rematou na adega Castrocelta que aínda que leva pouco tempo desenvolvendo a a súa actividade vitivinícola, grazas a súa xestión xa compoñen unha das mellores adegas da comarca. O problema, mellora-los accesos O encontro rematou cun brinde da directiva Castrocelta coa alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña que tamén asistiu á visita e os membros da deputación.

    Redacción Salnés