A CIG denuncia un novo despido na fábrica de Vertifil

    vertifilcopy.jpgMORAÑA> Consideran que a empresa despediu a este traballador só por cuestións ideolóxicas. Anuncian novas mobilizacións.

    {flowplayer}images/salnes/VERTIFIL_INDUSTRIAL.flv{/flowplayer}

    Hai só uns meses, a CIG denunciaba o despedimento dunha traballadora da fábrica de Vertifil. Desde ese momento, foron numerosas as manifestación de protesta contra o que consideraban un despido improcedente.

    Esta mañá, o comité de empresa fixo público o último despido que se produciu a semana pasada, cunhas características semellantes. Consideran que só responde a cuestións ideolóxicas.

    Ademais, denunciaron por unha banda, o pasotismo do comité de empresa de UXT, e por outra, o que consideran unha práctica abusiva por parte da empresa.

    Segundo o Comité de empresa, con este último despido a empresa só quere conseguir un dobre efecto, causar medo entre os traballadores da fabrica e acosalos fronte as vindeiras eleccións sindicais.

    Aínda que este traballador non quixo facer pública a súa situación, dispón dun prazo de 20 días para tomar as medidas que precise necesario. Pola banda da CIG, xa anunciaron novas mobilizacións.

    Redacción Salnés