O PP de Pontevedra celebra a súa III Asemblea na Lanzada

    O GROVE> Uns setenta alcaldes e voceiros municipais da Provincia de Pontevedra reuníronse esta tarde no Centro de Vacacións da Lanzada,…

    {flowplayer}images/salnes/xornadas_convivencia_pp_200412.flv{/flowplayer}

    … no Grove, para celebrar a terceira asemblea interna do Partido a nivel provincial. Nesta ocasión os populares traballaron para coñecer de preto os problemas que son comúns a moitos dos concellos pontevedreses.

    Nesta sesión o Presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán fixo unha chamada á política de proximidade e de reforma das administracións locais por ser os entes que están máis preto do día a día da cidadanía. Recalcou tamén que a débeda que supoñen os Concello e Deputacións non chega ós 35.500 millóns, malia que o conxunto das administracións públicas supera ós 730.000 millóns de euros.

    Esta xornada de convivencia continuará mañá sábado cunha sesión á que se unirán o Presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, os Conselleiros de Presidencia, Medio Ambiente e Economía, e varios directores xerais da Xunta de Galicia que pertencen á demarcacións dos populares nesta provincia.

    Redacción Salnés