O CIM comarcal estrea actividade con 71 usuarias

     CAMBADOS> O Centro de Información á Muller Comarcal ven de iniciar a súa actividade de xeito simultáneo nos Concellos de Ribadumia,…

    {flowplayer}images/salnes/cim_cambados.flv{/flowplayer}

     … Meis e Cambados cunha afluencia inicial de máis de setenta usuarias. Este servicio público ofrece asesoramento xurídico e psicolóxico de balde para mulleres destes tres Concellos; que tamén poden acceder a información sobre o principio de igualdade de oportunidades e da área de recursos. Unha psicóloga e unha avogada que fai as veces de directora deste CIM completan o plantel polo de agora; que atenden todo tipo de necesidades; aínda que ate o de agora as máis frecuentes son as vencelladas ó maltrato ou á actual crise económica.

    Amais deste tipo de cuestións, calquera muller pode acudir ó CIM se precisa facer unha primeira consulta a un avogado antes de emprender calquera acción legal ou precisa de apoio psicolóxico. O acceso pode ser pola súa propia vontade ou a través dos servicios sociais ou das forzas de seguridade. Este servicio cobrou agora un caracter mancomunado co fin de aforrar custes.

    A distribución do horario é tal que permite que no centro de Cambados, sito na Rúa Ourense, sempre haxa unha destas dúas profesionais. En concreto, no terceiro andar deste edificio de servizos múltiples cambadés, a avogada atenderá os mércores e xoves de 8 a 13 horas; e a psicóloga no primeiro andar, os luns e venres de 9 a 14 horas. No Concello de Meis, na Casa Consistorial de Mosteiro, prestarase asesoramento xurídico os luns de 9 a 15 horas; e na Casa da Cultura de Ribadumia os martes de 8 a 15 horas. Pola súa banda, a psicóloga estará en Meis, tamén na Casa do Concello, os xoves de 9 a 15; e os mércores durante todo o día; pola mañá na Casa da Cultura e pola tarde no Concello.

    Todas estas consultas réxense polos mesmos principios de gratuidade e privacidade. Amais deste traballo en consulta, o CIM prepara outro tipo de actividades nas que involucrar ó resto da poboación, principalmente coincidindo cas efemérides máis significativas respecto á muller.

    Redacción Salnés