RIBADUMIA> O coñecido deseñador Roberto do Rego escolleu Ribadumia para a preesntación da súa nova colección. No evento desveláronse os novos deseños que se inclúen dentro da súa firma DRN, unha proposta que supón un punto de inflexión, iniciando unha nova etapa pero sen renunciar á súa esencia. O desfile tivo lugar no Espazo Vilanova Peña, cunhas instalacións que, como Roberto do Rego, levan no seu ADN a fusión dos novos estilos co clásico.
Nun espazo tan singular como o de Vilanova Peña, en Ribadumia, o deseñador galego Roberto do Rego quixo amosar ao público a evolución do seu proxecto. Aquí, presentou a nova colección da súa firma DRN. Un punto de inflexión na súa carreira, coa que o creador inicia unha nova etapa sen renunciar á súa esencia.
Ademais de propoñer unha colección pensada para un público máis amplo, DRN explora novos tecidos, pensando nas necesidades da sociedade actual.
Como mestre de cerimonias deste evento actuou o pontevededrés Charlie Volta, un dos nomes propios da moda en España nestes momentos. Cre que este desfile demostra a capacidade de cambio e adaptación de DRN.
A proposta de DRN completouse ademais cunha mostra de lentes de Ted Walker, empresa de Poio de referencia internacional. Na mesma liña, unha colección pensada para homes que tampouco queren renunciar ao estilo á hora de elixir os seus lentes.
O evento caracterizouse pola súa orixinalidade e identidade, creando un clima próximo entre o público e a proposta. Todo grazas a unha suma de factores que fixeron deste un desfile único.
O espazo escollido non foi casual. Na mesma liña que DRN, Vilanova Peña é tamén sinónimo de fusión de tradición e modernidade. Un referente no mundo do deseño dende hai máis de medio século.
Por aquí pasaron grazas a este evento rostros coñecidos de distintos ámbitos, dende a política ao mundo empresarial, pasando -como non podía ser doutro xeito- polo ámbito da moda.
O desfile rematou cun cóctel a cargo da empresa ‘Imagina lo inimaginable’ que serviu de colofón á posta de longo desta nova etapa da firma DRN.











