A titularidade dun lavadoiro pon en pé de guerra aos veciños de Meaño

    MEAÑO> Un lavadoiro da parroquia de Xil, en Meaño, pon aos veciños en pé de guerra. Aproveitando as dúbidas sobre a súa titularidade, un veciño está incluír terreo da instalación na súa propia finca desprazando o seu peche. Cando menos, iso ven de denunciar outro habitante de Xil, José Luis Solla. 

     

    Un lavadoiro veciñal está a enfrontar os veciños da parroquia de Xil, en Meaño.

    Polo de momento, as súas reclamacións foron en balde. Ninguén parece ter claro a quen pertence a titularidade do lavadoiro, un baleiro legal que fai que o concello non tome parte na disputa.

    José Luis non ten dúbidas de cal é a intención do seu conveciño. Por iso está disposto a pelexar por algo que, asegura, é de todos.

    Parece que as protestas deste veciño conseguirán por fin ter un altofalante no vindeiro pleno. José Luis conseguiu captar a atención do Bloque Nacionalista Galego, que asegurou que levará o asunto ante a corporación meañesa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/denuncia_lavadoiro_meano.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/denuncia_lavadoiro_meano.mp4{/flowplayer}