Os estudiantes opóñense á suba de taxas

    PONTEVEDRA> A suba das taxas universitarias aprobada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ascenderá ata un máximo do 66,7 %;

    {flowplayer}images/salnes/suba_matricula_universidade.flv{/flowplayer}

     …o que suporía un máximo de 540 euros por matrícula convencional.Os reitores das tres Universidades Galegas acolleron con reservas esta nova á espera de que o Goberno Autonómico se pronuncie sobre o porcentaxe que se vai a aplicar en Galicia.

    Segundo declarou o Presidente da Xunta esta medida darase a coñecer proximamente unha vez que coñeza de primeira man a postura das nosas tres Universidades, e consensúe con elas en que gradación se vai a aproveitar esta medida para incrementar os seus recursos.

    Á espera desta concreción, os estudiantes das Rías Baixas xa se pronunciaron sobre esta decisión do Goberno Central. Estes enquisados aseguran que esta suba vai a supoñer un problema para moitos estudiantes, que tendo o expediente académico o suficientemente prometedor, terán serios problemas para seguir adiante ca súa preparación para un futuro cada vez máis esixente. Estas medidas do Ministerio contemplan tamén cambiar a carga docente ou reestructurar as titulacións con baixa demanda para facelas máis eficientes.

    Redacción Salnés