Boiro Novo presenta unha ducia de emendas ós orzamentos municipais

BOIRO> No marco da súa campaña de orzamentos participativos, Boiro Novo elaborou unha ducia de emendas que vén de presentar ós presupostos municipais para o presente exercicio.

Moitas das propostas teñen que ver co ámbito educativo, en relación ó mal estado dalgúns colexios. Tamén recolleron numerosas queixas veciñais en relación á seguridade viaria ou a melloras na circulación.

Demandan por outra banda, a contratación dun educador social e a posta en marcha dun programa cultural para nenos e mozos.

Por último, lembran a necesidade de poñer en marcha un plan de mobilidade urbana coa creación de máis quilómetros de carril bici.