Arde por completo o observatorio de aves do estuario do río Coroño

BOIRO> A Garda Civil de Boiro investiga a autoría dun incendio que, esta pasada madrugada, destruíu por completo o observatorio de aves do estuario do río Coroño. Unha chamada dun particular ó 112 activou un operativo de emerxencias no que tomou parte persoal do parque de bombeiros, Protección Civil e Policía Local. A pesar da rápida intervención realizada, a instalación de madeira acabou totalmente calcinada.

Ó parecer, ata hai algún tempo, a caseta era empregada como aloxamento por unha persoa sen recursos, aínda que agora non facía uso dela.

Todo apunta a que a orixe do lume foi intencionada.

A Garda Civil non descarta tampouco que este suceso puidera ter relación con outro incendio que afectou a principios de mes a un quiosco de xeados situado no paseo de Barraña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí