Aparece danado o vehículo particular dunha mariscadora crucense

    ameazasmariscadoracabo.jpgBOIRO> Detrás do suceso parecen estar novamente os problemas existentes entre membros da confraría boiresa respecto ás vixilancias nocturnas.

    {flowplayer}barbanza/ameazasmariscadoracabo.flv{/flowplayer}

    Non é a primeira vez que acontece un episodio destas características na confraría de Cabo de Cruz, que mesmo foron denunciados en anteriores ocasións. Neste caso o suceso tiña lugar na propia praia de Mañóns e nel resultou danado o vehículo particular dunha mariscadora que nese momento se atopaba traballando no areal. A propia afectada sospeita que detrás do ataque existe unha relación directa coa súas opinións discordantes coa xunta directiva do pósito, especialmente pola súa negativa a realizar as vixilancias nocturnas.

    Apoio AGAMAR

    Dende Agamar denúnciase este tipo de feitos, sinalando que non se pode permitir que unha actividade económica de carácter produtiva, como é o caso do marisqueo, estea a converterse nunha profesión de risco, como está acontecendo na actualidade. Por iso dende o colectivo denunciouse a desprotección que sofren as mariscadoras, ó tempo que reclaman das autoridades competentes que poñan todo o seu empeño e medios para deter e xulgar ós culpables deste tipo de actos.

    Redacción Barbanza