![]()
PONTEVEDRA> Os recortes na educación pública e a suba de taxas universitarias provocou xa a primeira das mobilizacións estudiantís.
{flowplayer}images/salnes/sentada_universitaria.flv{/flowplayer}
No recibidor da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra sentáronse hoxe alumnos de varias titulacións do campus pontevedrés. Unha sentada pacífica convocada por Iesga, Iniciativa Estudiantil Galega.
Segundo estima o Iesga, se a Xunta aplica a suba de taxas universitarias proposta polo Goberno central a matrícula no campus pontevedrés incrementaríase nuns 500 euros. Nesta protesta os universitarios pontevedreses contaron tamén co apoio de Xuventudes Socialistas de Galicia, e de sindicatos como UXT e Comisións Obreiras. Tamén participou na sentada o edil de Educación de Pontevedra.
O Iesga asegura que esta é a primeira doutras protestas que teñen pensado levar a cabo en contra dos recortes na educación pública e da suba de taxas universitarias.
Redacción Salnés










