![]()
RIBEIRA > Cumpríronse os pronósticos e o piloto natural de Moaña, Aaron Bernárdez, Subcampión de España de Supercross, fíxose coa vitoria no Quinto Supercross Concello de Ribeira, primeira proba do Campionato Galego da especialidade.
As persoas que se achegaron ó circuito habilitado para a ocasión no monte de San Alberto disfrutaron co espectáculo ofrecido polos máis de 131 pilotos que participaron neste Quinto Supercross Concello de Ribeira, distribuídos en sete categorías, dende máis pequenos ata seniors.
A chuvia, que en ocasións fixo acto de presenza, non impediu a chegada de afeccionados ó circuito e mesmo lle dou maior espectacularidade á competición.
A proba raíña, tal e como estaba previsto estivo dominada polo actual Subcampión de España da categoría, o moañés Aaron Bernárdez, pero aínda así non o tivo fácil e tivo que esforzarse para gañar esta primeira proba do campionato galego.
No primeiro sector impúxose a Xacobe Agra despois dun espectacular duelo entre os dous pilotos, intercambiándose constantemente na primeira posición, chegando mesmo á liña de meta distanciados en moi pouco tempo entre eles.
Aaron Bernárdez foi tamén o vencedor no segundo dos sectores, impoñéndose nesta ocasión a Ricardo Costa, gañador da anterior edición do Supercross Concello de Ribeira.
Redacción Barbanza










