Un hostaleiro ribeirense sofre o seu décimo roubo

RIBEIRA> Os amigos do alleo volveron a facer das súas esta pasada fin de semana. Nesta ocasión  o roubo tiña lugar novamente no bar A de Armando, na parroquia de Carreira, que rexenta Armando Cadaval.

Dáse a circunstancia de que é o décimo roubo que sufre este hostaleiro, que xa empeza a tomarse con humor todo o acontecido.

Os ladróns volveron a entrar ó establecemento pola parte traseira do negocio, rompendo a fiestra e accedendo ó local. leváronlle diversa mercadoría que tiña no almacén e tamén a recadación da máquina comecartos.

A Policía Nacional investiga xa a posible autoría do roubo, co fin de dar co posible ou posibles autores do mesmo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí