![]()
CAMBADOS> É a esencia do concurso que vén de convocar a asociación de comerciantes para incentivar o sector hostaleiro.
{flowplayer}images/salnes/CONCURSO_PINCHOS_250412.flv{/flowplayer}
Entre este venres e o domingo seis establecementos de hostalería de Cambados ofrecerán a todos aqueles que se pasen por eles, dúas tapas deseñadas especialmente para a ocasión, pinchos que se servirán de xeito gratuíto para acompañar a consumición que pidan os clientes, e que se deberán puntuar. É a esencia da nova campaña que vén de poñer en marcha a Asociación Cambados Zona Centro para promover a un sector, o da hostalería, que tamén conta con locais asociados e que ás veces queda un tanto esquecido. Ademais, o concurso busca ser un incentivo para os propios negocios, convidándoos a que innoven na súa oferta de tapas.
O Parador de Cambados, A Dos Piñeiros, Vinoteca Ribeira de Fefiñáns, O VagoViños, A taberna do Trasno e A casa de Miguel. Estes son os establecementos que participan na campaña e que os clientes deberán valorar. Ofreceranse dous pinchos por local.
Cada local selará as papeletas dos clientes, de xeito que os que realicen a ruta completa poderán entrar no sorteo de 12 vales de 25 euros cada un para consumir nestes seis establecementos.
Redacción Salnés









