A zona azul volverá a estar operativa en Ribeira

RIBEIRA> O executivo local está a dar pasos técnicos necesarios para poder controlar todas estas zonas de aparcamento delimitado por tempo. A zona azul volve a estar operativa en Ribeira. O alcalde local, Manuel Ruiz, sinalou que xa se están instalando as cámaras e os medios técnicos necesarios nos dous vehículos municipais para controlar estas áreas, de xeito que volverá a funcionar nuns días. No último pleno tamén se regulou o baleiro legal que existía coas sinais de aparcamento exprés. Segundo o alcalde ó non estar incluidas na ordenanza municipal, calquera persona que fora multada por estacionar máis de dez minutos nestes lugares podería reclamar e librarse da sanción. A partir de agora xa non será así. Por último, tamén informou da futura ordenanza para o tránsito peonil. Vaise a regular unha zona de carga e descarga de mañá; permitirase o paso ós residentes ou vehículos de discapacitados e non se prohibirá o acceso a igrexa nas vodas.