Uns 70 establecementos participan na campaña ‘Namórate de Rianxo’

RIANXO> Uns 70 establecementos participan na campaña ‘Namórate de Rianxo’ promovida pola asociación ‘Somos Rianxo’ e o concello. Ademais dos tradicionais sorteos, este ano a proposta inclúe un concurso fotográfico a través das redes sociais.

Co propósito de reinventarse cada ano, a asociación Somos Rianxo inclúe este ano na súa campaña de San Valentín unha orixinal proposta. Para participar, tan só e preciso tomarse unha fotografía nos distintos corners do amor instalados polas parroquias e subila ás redes sociais etiquetando a Somos Rianxo.

Esta proposta súmase ó formato máis tradicional da campaña mediante a que os clientes recibirán unha tarxeta con tres corazóns a selar segundo o importe das compras. Unha vez seladas depositaranse nun buzón para optar a dous sorteos con agasallos moi apropiados para estas datas.

A campaña arrancou este luns e prolongarase ata o día 14 de febreiro. Este ano a entidade conta coa colaboración do concello de Rianxo que decidiu apoiar esta iniciativa para seguir a dinamizar non só o comercio local senón todo o tecido económico do municipio posto que participan empresas dos máis variados sectores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí