Rianxo acollerá os días 28 e 29 de outubro as ‘Xornadas por un Monte Vivo’

RIANXO> Rianxo acollerá durante a última fin de semana de outubro as ‘Xornadas por un Monte Vivo’ impulsadas pola Plataforma en defensa do Monte de Rianxo e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

A cita do sábado será en Taragoña, con diversas actividades en Campo Maneiro.

Desenvolverase unha sesión de resinación de piñeiros ou un obradoiro de transformación da madeira con serradoiro portátil.

O domingo será a parroquia de Leiro o epicentro das xornadas.

Ademais de charlas e debates, Realizarase unha rexeneración de áreas degradadas e unha visita á plantación experimental de castiñeiros.

Ó remate, os voluntarios disfrutarán dun xantar comunitario e as xornadas rematarán cunha festa amenizada por grupos locais.

O obxectivo desta iniciativa, aberta a toda a cidadanía, é informar sobre a importancia da xestión activa do territorio e poñer en valor as boas prácticas das comunidades de montes como exemplo e inspiración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí