A Mancomunidade recoñece a colaboración das empresas no Emprega Salnés

SANXENXO> A Mancomunidade do Salnés quixo celebrar o éxito do seu Emprega Salnés. Fíxoo este mediodía co conselleiro de Economía e Industria e coas preto de 30 empresas que colaboran con eles nestes programas, no primeiro Encontro Emprega Salnés.

Con oito edicións ás súas costas, o programa integrado de emprego Emprega Salnés ten demostrado o seu éxito. Nestes anos, máis de 600 desempregados beneficiáronse desta iniciativa, recibindo información cualificada que lles permitiu adaptarse ás necesidades da contorna.

A Mancomunidade celebrou este éxito  este mediodía co primeiro Encontro Emprega Salnés. O acto estivo presidido polo Conselleiro de Economía e Industria, e serviu para recoñecer a colaboración das empresas coas que traballa o ente comarcal no marco destes plans.

Tamén o conselleiro agradeceu esta colaboración coas empresas. Francisco Conde puxo en valor o papel do tecido empresarial como creador de riqueza e de emprego nas economías locais.

Ademais, Conde destacou a importancia da iniciativa Concellos Emprendedores. Na comarca do Salnés, Vilagarcía, Sanxenxo, Vilanova, Ribadumia e Cambados conseguiron este distintivo, que recoñece os municipios que dan máis facilidades para o desenvolvemento empresarial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí