Castro Ratón aposta pola participación da mocidade

    castroraton100_080507.jpgVILAGARCÍA > A participación da mocidade no deseño das políticas que lle afecten será unha das apostas de Xosé Castro Ratón

    … en caso de acadar o goberno en Vilagarcía.

    O candidato nacionalista presentou o seu programa dirixido á mocidade, un documento amplo de máis de 14 páxinas que atende, segundo Ratón, cada necesidade. O BNG, asegurou Ratón, creará un centro da mocidade coa cesión de uso da actual Casa da Xuventude, onde instalará a OMIX e disporá locais para o encontro dos diversos colectivos. En cultura, promoverá un programa para facilitar entrada de balde a concertos e actuacións promovidas polo Concello e locais de ensaio para as bandas da cidade.

    Potenciará un estudo sobre a situación laboral da mocidade e daralle impulso ó proxecto de Vivenda e Solo para construír no Bosque dos Desamparados un edificio de calidade dirixido a aluguer, ademais de aproveitar as ARI de Carril e Vilaxoán para rehabilitar vivenda para a mocidade. Un centro Quérote e locais de ensaio no auditorio son outros dos compromisos do candidato nacionalista ó abeiro das iniciativas desenvolvidas pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.

    Redacción Salnés