Ana Lorenzo renuncia a súa acta de concelleira

    fotoanacopia.jpgVILAGARCÍA> Ana Lorenzo anunciou a súa renuncia á acta de concelleira, e fíxoo apenas dous días despois de que Xurxo Abuín anunciata tamén que deixa o cargo.

    {flowplayer}images/salnes/BngGrupoMunicipal080512.flv{/flowplayer}

    Visiblemente emocionada e arroupada polos seus compañeiros, así anunciou Ana Lorenzo a súa renuncia a acta de concelleira no Concello de Vilagarcía. Despois de nove anos traballando polos veciños, sobre todo durante a súa etapa como edil de Servizos Sociais, a nacionalista decidiu dar un paso atrás e deixar o seu cargo. Faino por motivos laborais, pola dificultade de compatibilizar as súas labores como concelleira coa súa carreira profesional.

    Malia todo, Ana Lorenzo non deixará o Bloque Nacionalista, onde continúa formando parte do Consello Local. A decisión que agora toma, segundo dixo é froito dunha gran reflexión e da convicción de que o mellor que pode facer e deixarlle o posto a un compañeiro que poida desenvolver as labores de concelleira con toda a dedicación que corresponde. A súa sucesora no cargo será Elena Mariño.

    Dende o BNG de Vilagarcía, pola súa banda, lamentaron profundamente a baixa da concelleira, da que destacaron a labor levada a cabo, sobre todo na área de Servizos Sociais.

    Dende o grupo ancionalista amosáronse satisfeitos co traballo realizado por Lorenzo ó longo de este período, igual que satisfeita tamén se amosou a concelleira, quen quixo agradecer o apoio dos compañeiros, tanto os do seu propio partido como do resto dos membros da corporación, así como das asociacións e colectivos vilagarciáns que axudaron a converter Vilagarcía nunha cidade máis solidaria.

    A renuncia de Ana Lorenzo, malia todo non será inmediata, a concelleira agardará á toma de posesión de Xabier Ríos, o que será o substituto de Xurxo Abuín. E precisamente ó respecto deste tema, da renuncia de Xurxo Abuín a súa acta de concelleiro, referíronse tamén esta mañá dende o BNG de Vilagarcía. Rosa Abuín quixo recordar que era un concelleiro independente, e que polo tanto non se trata dunha saída do partido.

    Xabier Ríos será o encargado de ocupar a súa acta de agora en diante, pasando a formar parte do grupo nacionalista. Un grupo ó que, segundo dixo a propia Rosa Abuín, tócalle agora renovarse.

    Redacción Salnés