![]()
RIBADUMIA> O Campo da Senra en Ribadumia ven de ser asaltado por uns ladróns. Esta noite os amigos do alleo entraron no campo e levaron …
{flowplayer}images/salnes/roubo_senra.flv{/flowplayer}
…canto encontraron de valor. O responsable de mantemento do Club Deportivo Ribadumia foi o primeiro en enterarse do delicto, nada máis chegar ó campo. Corte 1: o que se encontrou.
Estes feitos xa foron postos en coñecemento ante a Garda Civil de Cambados que está a instruír o caso. Calcúlase que o valor do sustraído e dos estragos causados poden ascender ós mil euros. Pero aquí, na Senra xa están acostumados a este tipo de pequenos roubos. Corte 2: roubos a miúdo.
E é que ós amigos do alleo debe de gustarlles esta zona accesible e solitaria de noite, posto que fai só uns días entraron nesta casa lindeira co estadio, de onde levaron, segundo os veciños, unha chea de electrodomésticos.
Redacción Salnés








