A CIG desenvolve unhas xornadas sobre riscos laborais na conserva

    VILAGARCÍA> 50 delegados do sindicato participaron neste primeiro encontro co fin de informalos sobre as doenzas máis comúns neste sector.

    {flowplayer}images/salnes/ENFERMIDADES_CONSERVA.flv{/flowplayer}

    O secretario Xeral da Federación Galega de Alimentación, Mar e Transporte da CIG, Xosé Fernández Piñeiro, foi o encargado de inaugurar estas xornadas sobre a prevención de riscos laborais no sector da conserva.

    Nestes primeiros encontros presentaron unha guía que plasma un estudo que se fixo para demostrar a relación directa entre as doenzas e os traballo que realizan os empregados deste sector. E é que son moitos os risco laborais que se derivan deste oficio. Os máis destacados son os trastornos músculo-esquelético coma pode ser o deterioro das articulacións, da masa muscular ou tendinites.

    Doenzas que na maioría dos casos se detectan cando o problema é irreversible e que se deben á falta de medidas de seguridade por parte dos empresarios.

    Na xornada participaron 50 delegados da CIG do Salnés, Pontevedra e Vigo. Grazas a este estudo poderán informar ós traballadores dos riscos que se derivan do seu traballo.

    Estas xornadas celebráronse nun establecemento hoteleiro de Vilagarcía por ser unha das zonas máis importantes no que a sector conserveiro se refire.

    Redacción Salnés