‘Publicidade e Viño’ únense no curso de verán que prepara Cambados

    fotovinocopia.jpgCAMBADOS> Despois da edición do ano pasado, que levaba por nome “Música e viño”, este ano a publicidade será a gran protagonista.

    {flowplayer}images/salnes/UnedPtacVinoCambados.flv{/flowplayer}

    O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, xunto coa directora do Museo, Rocío Acha e a secretaria da UNED de Pontevedra, María Penado, presentaron unha nova edición dos cursos de verán que coa colaboración destas entidades se veñen poñendo en marcha xa dende hai máis de dez anos. Despois do cine, a historia da arte ou a música, o ano pasado, neste caso a gran protagonista será a publicidade. Publicidade vinculada, por suposto ó mundo do viño. Dous elementos que a pesares de ser moi diferentes adoitan ir da man.

    Este curso desenvolverase os días 4,5,e 6 de xullo e a matrícula estará aberta dende o vindeiro día un de xuño. En total son 50 prazas as que se atopan dispoñibles, prazas que sempre se ven superadas no número de matrículas. Ademais os estudantes da UNED que participen obterán un crédito de libre designación.

    Dende os tempos máis antigos ata os máis modernos. Dende o Antigo Exipto ata o moderno mundo de internet. Porque, dunha ou doutra maneira, a publicidade estivo presente no viño en tódalas épocas.

    O sector máis importante da nosa comarca, un sector ó que en tempos de crise hai que estimulalo aínda máis.

    Aragunde destacou tamén a importancia desta edición por ser a que se celebrará o ano do 60 aniversario da Festa do Albariño, a que é a festa enogastronómica máis antiga de España.

    Redacción Salnés