Alerta laranxa por vento e choiva na provincia de Pontevedra e A Coruña

    FROTA copia.jpg Os refachos de vento chegaron a acadar os 100 quilómetros por hora na costa galega. O nivel de alerta exténdese ata mañá para todo Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/TEMPORAL.flv{/flowplayer}
     
    Desde as seis da mañá, as costas galegas están en nivel laranxa con rexistros que chegaron a acadar os cinco metros e vento no mar que superou a forza oito. Desde primeira hora da mañá xa se podía percibir esta alerta que anunciaba onte a Xunta de Galicia dun episodio de meteoroloxía adversa por vento no mar e mar de fondo que ven a afectar ó litoral da Provincia de Pontevedra.
     
    Esta mañá o podíamos ver nos portos do Salnés, onde a flota permaneceu amarrada e se rexistraron fortes refachos de vento.
     
    En terra a imaxe do día eran as rúas case valeiras, moitos paraugas en man e chuvasqueiros para refuxiarse da choiva que ía aumentando a medida que avanzou a tarde. A Xunta advertiu da posibilidade de que as precipitacións poden chegar a acadar os quince litros por metro cadrado.
     
    A costa de A Coruña, tamén permaneceu hoxe en alerta laranxa por precipitacións e vento que chegaron a acadar os cen quilómetros por hora, notándose máis no oeste e suroeste da provincia.
     
    Ademais, mañá o nivel de alerta laranxa amplíase a toda a comunidade quedando todo o litoral galego en ameaza por mar de fondo. Desde a Xunta de Galicia xa advertiron da importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes e vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns ou fiestras e evitar desprazamentos.
     
     
    Redacción Salnés