VILAGARCÍA> A aprobación plenaria dá luz verde á subvención para a remodelación das terrazas, que cubrirá o 50% do investimento dos locais.
{flowplayer}images/salnes/ROBERTO_GERPE_TERRAZAS.flv{/flowplayer}
A abstención do portavoz de Ivil, José Luis Rivera Mallo, na votación do pleno extraordinario de onte permitía a aprobación da medida. A ordenanza para a uniformización das terrazas, que obriga ós hostaleiros a mudar todo o mobiliario, entrara en vigor o 1 deste mes. A adaptación supón un desembolso importante, por iso a aprobación da subvención foi moi ben recibida.
Os hostaleiros interesados, terán que volver solicitar o permiso da terraza, para despois pedir a axuda do concello antes do 31 de decembro, presentando o proxecto. Sen embargo, poderán xustificala durante o primeiro trimestre do 2011. Para axilizar os trámites, en Ahituvi contarán co asesoramento dun técnico.
Unha cuestión que queda por aclarar, é o material que se empregará nas novas instalacións. Segundo o presidente da asociación de hostaleiros, Roberto Gerpe, a decisión farase pública a próxima semana, buscando unha solución que favoreza tanto o peto dos propietarios como a estética das rúas.
Redacción Salnés