Preocupación en Carril pola masiva mortandade de ameixa xapónica

    VILAGARCÍA> Preocupación en Carril pola mortandade de ameixa xapónica nas praias e parques da zona. A Consellería do Mar está a investigar as causas, pero aínda non poden explicar que foi o que arrasou boa parte da produción desta especie de molusco. Dende a confraría, pola súa banda, apuntan que os exemplares mortos pertencen a unha partida que provén dun mesmo provedor.

     

    As mariscadoras de Carril despedían a semana pasada cunha mala nova. A agrupación tivo que traballar na praia de Compostela para retirar máis de media tonelada de concha e ameixa xapónica que morrera sen explicación aparente.

    A consellería do Mar xa realizou varias análises para intentar atopar as causas. Dende a confraría, pola súa banda, apuntan á posibilidade dunha semente en mal estado.

    Si que apuntan a que o marisco non supón ningún perigo para o consumidor. Por iso queren atallar as perdas recolléndoo canto antes.

    Á marxe desta situación, o patrón de Carril non ocultou o seu malestar coa Consellería do Mar. José Luis Villanueva acusou ao departamento de Rosa Quintana de ignorar as peticións dos patróns arousáns para o saneamento da ría e para evitar o deterioro dos bancos marisqueiros. Nun escrito publicado onte, reclaman a dimisión dos responsables de Mar por deixadez de funcións.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/mortandade_xaponica.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/22/mortandade_xaponica.mp4{/flowplayer}