![]()
POIO> ‘O galego: de palabra!’ é o nome da campaña coa que o goebrno local pretende promocionar a lingua galega.
{flowplayer}images/salnes/CAMPANA_LINGUA_POIO_090512.flv{/flowplayer}
O concello de Poio quere que os seus veciños lembren a riqueza que supón contar cunha lingua propia na que expresarse en calquera lugar e en calquera momento do día. Unha lingua composta por un vocabulario de seu, palabras que xuntas forman as nosas mensaxes. Por iso a unidade máis sinxela, a palabra, será a protagonista da nova campaña que van poñer en marcha co gallo da celebración das Letras Galegas. Consistirá en que cada veciño escolla unha palabra, a escriba nun cartel, e a colgue dalgún dos cordeis que se colocarán en varios espazos públicos. Aínda que haberá máis. A campaña inclúe outras actividades dirixidas a cativos, pero tamén ós máis maiores, como programa Saúde e Mente no que colaboran os departamentos de Servizos Sociais e Deportes.
Tamén o departamento de Educación promoverá o día dezaseis unha actividade de animación á lectura e elaboración dun mural colectivo con palabras e debuxos entre alumnos das escolas de primaria do municipio. Actividade que terá como fío condutor ás arañas.
Entre tódalas concellerías participantes tamén se organizará un club de lectura, obradoiros, cursos ou unha ludoteca infantil.
Redacción Salnés











