4 participantes do plan de emprego da Mancomunidade do Salnés contratados pola empresa Galventus

SALNES> A empresa de servizos eólicos Galventus contrata a catro integrantes do plan de emprego da Mancomunidade do Salnés. Os participantes realizaron as prácticas grazas ao convenio de colaboración renovado entre a compañía e o ente comarcal.  Outros 6 participantes realizarán as prácticas nas vindeiras datas co obxectivo de aumentar a súa formación e as posibilidades de inserción laboral.

A mancomunidade do Salnés e a empresa Galventus renovaron o convenio de colaboración para a formación dos participantes do plan integrado de emprego. Nesta ocasión serán 12 os alumnos que realicen as prácticas na empresa. O obxectivo desta colaboración é formar aos participantes nas novas tecnoloxías.

Dos primeiros seis alumnos que realizaron as prácticas catro xa foron contratados. Para a empresa é unha oportunidade para integrar traballadores cualificados.

A formación do plan integral de emprego da mancomunidade do Salnés é moi variada, o que permite aos alumnos formarse en diversos campos e aumentar as súas posibilidades profesionais.

A posibilidade de realizar as prácticas na empresa supuxo unha gran oportunidade laboral para os alumnos.

Nas vindeiras datas 6 novos participantes realizarán as prácticas na empresa. Nunha época na que a compañía comeza a tempada alta e necesita novos traballadores cualificados. Pola súa parte, a mancomunidade continuarán colaborando con empresa especializadas nas novas tecnoloxías para aumentar as cualificacións dos seus alumnos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí