Unha doma cabalar e artesanía galega como atractivos de Santa Rita

SANTARITA copia.jpg VILAGARCÍA> O concello tivo que encher más días de festas con menos presuposto, pero manteranse os actos máis tradicionais e os relixiosos.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_SANTA_RITA_2012.flv{/flowplayer}

O deseño do programa das festas de Santa Rita deste ano supuxo todo un reto. E é que había que encher más días de celebracións con menos da metade dos cartos cos que se contaron a pasada edición. De oitenta e dous mil euros, a concellería de cultura pasou a contar este ano con vinte e oito mil. Un 65 por cento menos. Aínda así, mantéñense os actos tradicionais como o mercado de época no parque da Xunqueira os días luns e martes 21 e 22 de maio, os pasarrúas polas mañás e as verbenas polas noites e, por suposto, so actos relixiosos.

Pero a pesar deste axuste houbo ocasión de introducir novidades no programa. Durante a fin de semana a praza da Peixería acollerá unha Mostra de Artesanía Galega, e no sábado dezanove, a zona verde da explanada TIR acollerá un espectáculo de doma cabalar.

A misa solemne e posterior procesión na honra de Santa Rita será o martes vinte e dous a partir das oito da tarde. Esa mesma tarde, ás seis e media, os máis novos poderán gozar do espectáculo musical ‘Cantamos Contigo’ no Auditorio. O programa complétase con eventos deportivos, como unha exhibición de taekwondo ou o partido de fútbol entre Automoción La Junquera e o Arosa o martes na Lomba.

Redacción Salnés