As capturas de berberecho en Noia incrementáronse nun 40% respecto ó pasado ano

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/29/conselleira_mar_balance_confraria_noia2909151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/29/conselleira_mar_balance_confraria_noia290915.mp4{/flowplayer} NOIA> A conselleira de Medio Rural e do Mar daba a coñecer estes datos durante a visita realizada á lonxa de Testal, á que acudiu para facer un balance da campaña do berberecho iniciada hai varias semanas. Acompañada do patrón maior, Santiago Cruz, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez e diverso persoal da confraría noiesa, a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou a lonxa de Testal para facer balance da campaña de berberecho, iniciada o pasado 14 de setembro. De primeira man puido ver as capturas e comprobar tamén os datos de facturación nestas primeiras semanas, nas que se produciu un incremento dun 40% en relación ó mesmo período do ano pasado. Segundo ela na primeira semana de traballo Testal recibiu preto de 377 toneladas de berberecho, o que supuxo un valor económico duns 3 millóns de euros. Neste sentido, Rosa Quintana destacou a evolución positiva tanto das cantidades desembarcadas de berberecho coma do seu valor en primeira venda e a importancia deste molusco para o sector marisqueiro de Noia. Pola súa banda o patrón maior noiés, Santiago Cruz, destacou tamén a marcha da campaña, con abundancia de berberecho e de bo tamaño. Un feito que enche de ledicia ós mil cincocentos mariscadores que a diario traballan na ría noiesa.