Máis de seiscentas persoas participaron na festa da bicicleta

unete_volta_vilagarcia250.jpgVILAGARCÍA> A marcha cicloturística promovida pola Deputación e a Fundación Municipal de Deportes, baixo o lema ‘Únete á Volta’, foi un ensaio da etapa local da Vuelta a España.

{flowplayer}images/salnes/unete_volta_vilagarcia.flv{/flowplayer}

O aparcamento da explanada Tir adornouse coa parafernalia da ronda ciclista igual que se fará o 30 de agosto e ademais o percorrido fíxose cun coche oficial diante do pelotón. Un pelotón encabezado polo corredor local Gustavo César Veloso, que xunto co ciclista de maior idade de toda a comarca, Alfredo Vázquez, de 92 anos, cortaron a cinta na saída.

Con eles estiveron tamén o presidente da Deputación, Rafael Louzán e a deputada de Deportes, Begoña Estévez, amais do alcalde Tomás Fole, e os edís do grupo de goberno Marta Rodríguez, Luís Garrigós, Manuel Tarrío e Manuel Pardal. Detrás, ciclistas de tódalas idades puxeron a punto as súas bicicletas e fixeron un percorrido de algo máis de sete quilómetros pola vila.

Ó remate, houbo sorteo de agasallos, entre eles unha bici eléctrica valorada en mil euros, ou un maillot doado e firmado por Gustavo César Veloso. A vindeira Únete á Volta será este sábado 19 de maio en Catoira, con saída ás once do Adro do concello.

Redacción Salnés