‘Hai POD’: as novas tecnoloxías baixo outro punto de vista

haipodport copia.jpg CAMBADOS> Os monologuistas Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor traerán o 3 de xuño ó Salón Peña o seu novo espectáculo de humor.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_HAI_POD.flv{/flowplayer}

Non había mellor presentación que esta para coñecer o novo proxecto humorístico que en tres semanas, o tres de xuño, traerán a Cambados estes tres monologuisas. O fío inspirador –e condutor- son as novas tecnoloxías. Digón, Suevos e Amor prometen unha hora e media de humor na que os monólogos se combinarán con proxeccións audiovisuais, música e moita improvisación.

‘Hai POD’ é apto para todo tipo de público, aínda que os propios proatagonistas recomendan que mellor asistan mozos a partir dos trece anos ‘ata a idade de Matusalén’. As entradas para asistir xa se poden adquirir na Oficina de Turismo de Cambados.

A idea de traer este espectáculo á capital do albariño responde á vinculación que os tres monologuistas manteñen co municipio, pois xa actuaron nel en anteriores ocasións. Unha relación que os animou a incluír Cambados dentro da xira de ‘Hai POD’ por toda Galicia.

Redacción Salnés