‘Queremos Galego’ convida ó Salnés a manifestarse o 17-M en Santiago

    queremos_galego100.jpg VILAGARCÍA> A plataforma convida á cidadanía do Salnés a participar o xoves na manifestación que se celebrará en Santiago.

    {flowplayer}images/salnes/queremos_galego_150512.flv{/flowplayer} 

    Queremos Galego considera que nestes tres anos que leva o PP gobernando na Xunta non se fixo avance ningún en favor do galego. Considera que o novo goberno autonómico mantén unha cruzada en contra da lingua galega. De aí a convocatoria desta nova manifestación aproveitando a conmemoración do Día das Letras Galegas.

    Para facilitar a asistencia dos veciños do Salnés, a plataforma fletará autobuses que sairán ás 10 e media da mañá da praza do Corgo do Grove, ás 11 menos cuarto de diante do Concello de Cambados e ás 11.00 da Casa do Mar de Vilagarcía. Os interesados poden anotarse antes do mércores ás oito da tarde no 986565059 ou no 986505323. Tamén no email salnes@queremosgalego.org.

    A plataforma espera que esta sexa a última manifestación reivindicativa, á espera de que o goberno autonómico mude e faga súa a defensa do idioma da comunidade.

    Redacción Salnés