O PP do Grove critica a xestión do Goberno cuatripartito

    perez100_100108.jpgO GROVE > O PP a través do seu voceiro o ex alcalde do Grove, Miguel Pérez quixo dar conta do balance pésimo da xestión que segundo o Partido Popular o Goberno está a facer …

    … Os últimos acontecementos ocorridos no último pleno da corporación do Grove fan reflexionar ós partidos da oposición sobre a xestión que o Goberno está levando a cabo con tan só 6 meses de lexislatura. Para o PP, a des coordinación entre o cuatripartito e os intereses propios son os culpables da suposta mala situación pola que atravesa o executivo grovense.

    O partido popular a través do seu voceiro e ex alcalde do Grove, Miguel Pérez quixo dar conta do balance pésimo da xestión que segundo o Partido Popular o Goberno está a facer dende que se constituíu o cuatripartito fai 6 meses.

    O último pleno celebrado en Decembro puxo en entredito a imaxe dun goberno debilitado que segundo a oposición está des. coordinado e que nestes intres non conta co beneplácito dos veciños a xulgar as recriminacións feitas precisamente na última sesión plenaria pola ubicación da depuradora.

    A saída á luz da contratación dunhas pólizas para o concello cuxa xestión foi levada a cabo por unha empresa propiedade dunha edil do BNG fai pensar ó PP que poden existir outro tipo de interese

    O anuncio de novos proxectos por parte da comitiva local para este ano 2008 como por exemplo a rehabilitación do porto, a urbanización de Ardía e a rotonda do vao ou os de pósitos de auga son para o partido popular un plaxio, xa que ditos proxectos estaban contemplados nos orzamentos do 2006 do PP. Sometes o proxecto de Xoán 23 foi rexeitado nun principio polo actual goberno, aínda que agora volve estar en vigor Para os populares o actual alcalde vese na obriga de resolver as loitas internas do seu goberno que velar polos intereses dos cidadáns.

    Redacción Salnés