As escolas infantís preparanse para recibir os seus alumnos no novo curso que comeza

    Despois do calor de verán as mamás e os cativos cambian os xeados e as praias, polas mochilas, os libros e as escolas infantís. Con motivo do inicio de curso, a gardería de A Parda en Pontevedra, convocou unha xornada de portas abertas, para que pais e avós poidan coñecer de cerca as instalacións da gardería. Este luns, aparte deles foi o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, un dos que asistiu a ver como se traballa, nesta alegre gardería. 

     

    O verán remata pero comeza un novo curso. Por iso a gardería de A Parda, en Pontevedra celebrou este luns unha xornada de portas abertas para que os pais e avós puidesen coñecer de primeira man as súas instalacións.

    Este luns outro “interesado” visitou as instalacións e ata xogou con algúns rapaces. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores destacou, na súa visita as boas instalacións coas que conta esta  gardería.

    Uns 125 rapaces enchen estas catro paredes cheas de color e alegría, na que traballan unhas vinte persoas. Conta contos ou un mundo de xoguetes son só algúns dos pasatempos cos que os cativos de Pontevedra poderán divertirse ao mesmo tempo que aprenden ao longo deste curso 2016/2017

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/05/inicio_cole_parda_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/05/inicio_cole_parda.mp4{/flowplayer}