Os portos deportivos de Sanxenxo izan as bandeiras de Galicia Calidade

SANXENXO> Os tres clubs náuticos de Sanxenxo izan as bandeiras de Galicia Calidade. O distintivo sinala os portos deportivos como exemplos de boas prácticas. O conselleiro de economía asistiu ao acto e destacou o traballo destes clubs para potenciar o turismo e a economía de Sanxenxo.

Ademais de ser a vila con máis bandeiras azuis nas praias de España, Sanxenxo tamén é un dos concellos que dispón de máis distintivos azuis nos seus portos deportivos. A estes recoñecementos, engádense agora a bandeira Galicia Calidade. Un distintivo que garante a sustentabilidade, a seguridade e a calidade do Real Club Nauta de Sanxenxo, do Real Club Náutico de Sanxenxo e do Club Náutico de Portonovo.

As boas prácticas destes clubs náuticos son unha das claves dos éxitos turísticos de Sanxenxo.

Dende os Clubs Náuticos mostraron a súa satisfacción por que se recoñeza o seu traballo con estas bandeiras.

Dende as administracións destacaron tamén que o bo traballo de estes clubs xera numerosos postos de traballo para a vila, o que repercute economicamente no municipio. Os clubs seguiran traballando para manter este distintivo durante os vindeiros anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí