A deputación inviste máis de 40 mil euros na reforma da cuberta do campo municipal de Vilaxoán

VILAXOAN> A deputación de Pontevedra remata as obras de renovación da cuberta do Campo de fútbol municipal de Vilaxoán. O proxecto tivo un custo de máis de 40 mil euros. A curiosidade desta obra é que é a primeira en rematarse do plan concellos 2022.

O Campo de Fútbol municipal de Vilaxoán conta xa cunha nova cuberta. A deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos investiu máis de 40 mil euros para renovar o teito do campo no que xoga os seus partidos como local o San Martín.

Esta non é a única obra que realizou a Deputación de Pontevedra no campo vilaxoanés. No 2018, administración provincial tamén mudou o terreo de xogo. Ademais o concello tamén realizou outras obras como a de reformar os muros exteriores.

Entre as reformas do campo de Fútbol e o investido na escola infantil. En total a Deputación realizou proxectos en Vilaxoán cun importe superior ao 1,2 millóns de euros.

A obra da cuberta ten a curiosidade de que é o primeiro proxecto do plan concellos 2022 en rematarse.

Esta obra permitirá aos afeccionados de Vilaxoán asistir ao campo de fútbol con máis comodidade, evitando os problemas provocados pola cuberta antiga. O equipo local, o San Martín contará esta tempada de novo con equipos en 10 categorías, dende biberón ata sénior. Na actualidade está tendo lugar o campus de verán destinado aos máis pequenos da vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí