Valga recrea o domingo a batalla de Casal do Eirigo

    casaleirigo100.jpgVALGA> O Concello de Valga viaxará este domingo ata o 1809. Máis de douscentos veciños participarán na recreación da batalla do Eirigo.

    {flowplayer}images/salnes/BatallaCasalEirigoValga.flv{/flowplayer}

    A batalla de Casal do Eirigo produciuse no seo da Guerra da Independencia. As intencións de Napoleón de invadir España e instaurar o seu irmán José Bonaparte no trono, desataron as revoltas por todo o país, e unha delas foi a que se produciu aquí en Valga.

    Douscentos anos despois, esta asociación comezou a recrear aquel momento histórico, e a Festa vai xa pola súa cuarta edición. Os campesiños, con máis ganas que posibilidades enfrontáronse ó gran exército francés e malia no acadar a vitoria a retirada, despois do conseguido, soubo a triunfo. O valor dos seus antecesores, moitos poderían ser tíos, ou avós dos que agora os homenaxean, é o que pretende recordar esta asociación cultural heroes Casal do Eirigo.

    Para levar a cabo a festa conta tamén co apoio do Concello de Valga. Ademais do apoio doutras asociacións. Unha recreación máis real que pretende cada vez mellorar un pouquiño máis a edición anterior, construíndo pallozas, cañóns e facendo o vestiario do xeito máis fiel posible. Todo para transportar a todo o que se achegue este domingo ata Valga, á auténtica Batalla de Casal do Eirigo.

    O desfile das tropas farase a partir da unha e media a batalla farase pola tarde, ás cinco e media.

    Redacción Salnés