35 negocios do Salnés recibiron 714 mil euros en axudas da Xunta para a mellora de aloxamentos de restauración

CAMBADOS> A xunta de Galicia destina 714 mil euros en axudas a 35 negocios turísticos do Salnés. Un dos beneficiados foi a Casa da Muiñeira de Cambados que recibiu 15 mil euros para mellorar as súas instalacións coa construción dunha piscina exterior. Dende a xunta tamén animan a todos os beneficiados do bono turístico a que empreguen e gocen de todas as posibilidades turísticas que ofrece Galicia.

A Xunta de Galicia apoio ao sector turístico cunha liña de axudas para mellorar os aloxamentos e establecementos de restauración. Unha subvencións ás que se sumaron en total 35 negocios na comarca do Salnés. As achegas ao seus proxectos supuxeron un investimento de 714 mil euros.

Un destes beneficiados foi a Casa da Muiñeira de Cambados. O establecemento recibiu 15 mil euros para instalar unha piscina e aumentar a súa oferta turística.

Dende Camados valoran moi positivamente estas achegas que axudan a que a comarca do Salnés continúe sendo punteira no sector turístico.

Ademais desta liña de axudas, dende a Xunta de Galicia tamén animan a todos os beneficiarios do bono turístico a que o empreguen visitando as diferentes comarcas da comunidade. Estes bonos turísticos tiñan un desconto dun 40% da estadía nos establecementos adheridos a esta campaña. Na comarca do Salnés participan un total de 147 negocios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí