O pleno aproba unha rebaixa nos soldos da alcaldesa e edís liberados

    soldos_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O pleno de Vilagarcía aprobou onte unha rebaixa do oito por cento no salario da alcaldesa, Dolores García.

    {flowplayer}images/salnes/soldos_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O pleno de Vilagarcía aprobou onte unha rebaixa do oito por cento no salario da alcaldesa, Dolores García. Deste xeito pasará a cobrar uns 54.000 euros brutos ó ano.

    Tamén se acordou un recorte do 6 por cento nos soldos de Xosé Castro Ratón, Ana Lorenzo e Victoria Hierro, e do 5 por cento nos de Marcelino Abuín e Susana Camiño. Foi a proposta que levou a pleno o propio grupo de goberno e que finalmente incorporou unha emenda presentada polo PP, que inclúe unha rebaixa do 5 por cento nas asignacións a partidos políticos e por asistencia a plenos e comisións.

    As medidas contaron cos votos a favor de tódolos partidos agás Esquerda Unida, que reclamou unha rebaixa do 15 por cento no conxunto de salarios da alcaldesa e edís liberados e nas asignacións a partidos políticos. Tamén reclamou recortar ata os 90 euros o que cobro por acudir a plenos e comisións.

    O tenente de alcalde Xosé Castro Ratón reprochoulle a Fajardo estas declaracións e lembroulle que en Córdoba, buque insignia de Esquerda Unida en España, o alcalde gaña 78.000 euros ó ano e que manté a preto de 20 edís liberados.

    As rebaixas aprobadas no pleno teñen carácter retroactivo e aplicaranse desde o 1 xuño. Ademais seguirán vixentes en 2011, xa que o vindeiro ano os soldos da alcaldesa e dos edís permanecerán conxelados.

    Redacción Salnés