Ábrese o prazo de alegacións á ordenanza de circulación

    alegacions_ordenanza100.jpgVILAGARCÍA> A partir deste xoves 17 de maio xa se poden presentar alegacións á ordenanza de circulación e seguridade viaria de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/alegacions_ordenanza.flv{/flowplayer}

    O Boletín Oficial da Provincial xa publicou o anuncio da exposición pública do texto, que foi aprobado inicialmente polo pleno o 30 de abril, só cos votos do PP e IVIL. Os interesados dispoñen de 30 días para consultar o expediente nas dependencias municipais ou na web do concello e presentar as emendas oportunas.

    A parte disto, o goberno local iniciou onte unha rolda de consultas cos colectivos do municipio, na súa intención de modificar esta ordenanza, ante a enorme controversia xerada trala súa aprobación no pleno. Os edís Marta Rodríguez e Benito Dorgambide reuníronse por unha banda con representantes de Arousa en Bici e pola outra cos de Cogami, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

    Os ciclistas propuxeron, entre outras cousas, que se permita a convivencia entre bicicletas e peóns nas zonas céntricas do municipio que teñan amplitude suficiente. Hai que lembrar que na ordenanza se recolle que as bicis non pode circular por beirarrúas nin por zonas peonís a máis de dez quilómetros por hora.

    Arousa en Bici tamén proppuxo ó Concello que se extenda o límite de velocidade do tráfico a 30 quilómetros por hora en todo o centro urbano, que se habiliten novos carrís bici e que se mellore a sinalización nas zonas de uso compartido.

    A vindeira semana, o goberno local convocará a hostaleiros e comerciantes, por unha banda, e pola outra a empresas de autobuses e de transportes, a autoescolas e a taxistas.

    Redacción Salnés