Dolores Ramos: ‘Vamos a seguir confiando e loitando’

    comision_clesa100.jpgCALDAS> A comisión de seguimento de Clesa mantén a súa confianza en que Acolat siga adiante coa compra da factoría de Caldas.

    {flowplayer}images/salnes/reunion_clesa_210512.flv{/flowplayer}

    Tras coñecer o último auto do Xulgado do Mercantil número 6 de Madrid, políticos e traballadores de Clesa volveron sentarse no Concello de Caldas para analizar a súa incidencia. Tras esta reunión todos se manifestaron confiados nas xestións que están a desenvolver desde a Xunta e desde a empresa para solucionar este escollo.

    A presidenta do comité de empresa de Clesa presentou na reunión a resposta a unha carta que lle remitiran ó Ministerio de Traballo. O Goberno indícalles que a Secretaría Xeral da Seguridade Social está a estudiar tódalas alternativas para darlle unha solución. Neste último auto, o xuíz non só establece o 20 de xuño como prazo para que Acolat formalice a compra, senón que ademais ten que aceptar a débeda de Clesa coa Seguridade Social, que ascende a uns dous millóns de euros.

    O alcalde Juan Manuel Rey espera que a Seguridade Social teña en conta o caso de Clesa e que sexa ‘benevolente igual que o é cos equipos de fútbol’. Pola súa banda, o portavoz do PP Jesús Goldar confía en que ‘nesta ou na vindeira semana haxa xa unha solución’. Deixaríanse atrás dous anos ‘horrorosos’, como os definiu Dolores Ramos.

    Redacción Salnés