O alumnado do FP de Acondicionamento físico de Fontecarmoa gozou dunha master class de Domingo Sánchez

VILAGARCIA> Máis de 40 alumnos do CIFP de Fontecarmoa e do IES Laxeiro de Lalín gozaron en Vilagarcía dunha másterclas do experto en fitness Domingo Sánchez. A xornada estivo enfocada a ampliar o coñecemento do alumnado na mobilidade funcional. O obxectivo é adquiran as bases técnicas do adestramento físico.

O CIFP de Fontecarmoa acolle dende o ano pasado o ciclo superior de acondicionamento físico. Unha titulación que permite ao alumnado adquirir o coñecemento para dirixir actividades físico deportivas adaptadas a cada usuario. Para mellorar formación, o centro organiza diferentes iniciativas como masterclass. Este venres preto do 40 alumnos aprenderon co experto en fitness Domingo Sánchez.

En total participaron na actividade máis de 40 alumnos, xa que o centro tamén recibiu a visita do alumnado do IES Laxeiro de Lalín. A clase de Domingo permítelles asentar as bases técnicas do adestramento físico.

Estas actividades permiten ao alumnado adquirir uns coñecemento máis prácticos.

O ciclos superior de acondicionamento físico é unha formación moi demandada en Vilagarcía. Os coñecementos adquiridos permiten que practicamente a totalidade do alumnado que non quere ampliar a formación nos estudios universitarios, atope traballo.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí